9/03/2012

CASTRO DE BAROÑA (A Coruña.Galicia)











DEDICADO A LA FAMILIA "GALEGA" QUE ME DIÓ ACOGIDA Y CARIÑO para que pudiera visitar esta joya "arquitectónica y paisajística".

Como hipótese podemos pensar que no Castro de Baroña viviu xente alá polo IV-III a. C., pero hoxe é imposible afirmarlo. Do que si non hai dúbida e de que o xacemento foi ocupado durante o S. I a. C. e de que súa vida rematou fins do S. I d. C.
Descoñecémos la etnia dos habitantes do castro; nada sabemos , pois nada deixaron escrito, sobre cal era a súa fala, polo que dicir que eran celtas, o mesmo que moitos din sobre tódolas xentes da Cultura Castrexa, non deixa de ser unha etiqueta sen valor científico. Hoxe ningún historiador riguroso fal de celtas en Galicia. Noutra orde de cousas, temos que evitar trasladar os nosos parámetros estéticos ás xentes de hai 2.000 anos, polo que non é lícito pensar que se tiveran instalado alí por razóns paisaxísticas.
Realmente as únicas explicacións lóxicas para ocupar un topos semellante son as anteriores: marxinación, vocación comercial ou a conxunción das dúas. Son moitos os exemplos históricos que ilustran esta dualidade.
Descoñecemos o motivo polo que o Castro de Baroña deixou de funcionar como tal, pero o que si estamos en condicións de asegurar, pois as excavacións así o testemuñaron, é que foi abandonado de xeito pacífico, cando as casas aínda estaban en pé. Cuando os habitantes o abandonaron levarían consigo todo canto tiñan de valor. Tampoco sabemos a onde se trasladaron os habitantes, cando nas fins do S. I de C. ou inicios do seguinte deixaron o emprazamento. A xeito de hipótese podemos pensar que ocuparan as terras de labor próximas de Abuín e Orellán.

(Fuente: F.Calo Lourido, "Castro de Baroña", Concello de Porto do Son)

No hay comentarios:

ANIMALIA PLUS-3

LA CÚPULA DEL MILENIO. Valladolid.